matricula

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
NO MANEXO DE MOTOSERRA E ROZADOIRA

Organiza: INSTITUTO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DE GALICIA (ISSGA)
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

A persoa responsable de cubrir o presente formulario garante que os datos facilitados son veraces, exactos e están actualizados, asumindo a responsabilidade derivada de calquera erro, omisión ou introdución incorrecta da información.

A entidade organizadora non se fará responsable das incidencias, prexuízos ou consecuencias derivadas da achega de datos erróneos, incompletos ou falsos por parte da persoa solicitante, incluídas aquelas que poidan afectar á xestión das inscricións, comunicacións, seguros, certificacións ou desenvolvemento da formación.

Os datos serán tratados conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Datos persoais

Sexo *
Documentación acreditativa
LEMBRA QUE...
A selección será por orde de inscrición, tendo prioridade as persoas que teñan vínculo laboral ou profesional co sector forestal.
Tes vinculación laboral ou profesional co sector forestal? *
Tes formación actual ou previa relacionada co sector forestal? *
Tratamento de datos
Autorizo o tratamento dos datos para a captación e publicación das imaxes: *
Elixe o curso no que desexas participar
Envío de datos

Se tes algún problema para facer esta inscripción escribeme un correo a formacion@conformaforestal.com con teu nome, apelidos, teléfono e a edición na que queres participar

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Finalidades do tratamento

  • Xestión da inscrición na formación solicitada, control de asistencia e emisión dos certificados de aproveitamento ou asistencia a dita formación.
  • Desenvolvemento de accións formativas, de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.
  • Captación e difusión das imaxes realizadas durante as actividades.
  • Xestión das listas de distribución para o envío de información sobre outros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese.

Lexitimación para o tratamento

  • Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme á Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
  • Consentimento outorgado pola persoa interesada para a captación e difusión das imaxes da actividade e para o envío de información.

Destinatarios dos datos

Os datos poderán ser comunicados a CONFORMA FORESTAL, S.L cando resulte necesario para a xestión, xustificación e control das actividades formativas.

Así mesmo, as imaxes captadas durante a realización das xornadas poderán ser difundidas a través da páxina web institucional da Xunta de Galicia e do ISSGA, informes de actuación e publicacións técnicas destes organismos.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Máis información: https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Así mesmo, as persoas interesadas poderán retirar o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa solicitude a issga.formacion@xunta.gal.

A retirada do consentimento non afectará á licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.

Contacto da persoa delegada de protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos