Quienes somos

Conforma Forestal S.L é unha empresa dedicada á consultoría, formación, prevención, comunicación e deseño gráfico ambiental.
A iniciativa nace no ano 2011 da man dun grupo de emprendedores cunha
ampla bagaxe no sector e un firme compromiso co medioambiente.

Partimos dunha premisa que establecemos como o noso fundamento
básico: a singularidade e autenticidade de cada proxecto. Ofrecemos solucións personalizadas e flexibles,
atendendo sempre ás necesidades particulares de cada cliente e
definindo unha liña de traballo baseada no compromiso persoal e a
dedicación continua.

En Conforma Forestal poñemos ao dispor dos nosos clientes todas as ferramentas e recursos dos que dispoñemos, ofrecendo así un servizo global que integra baixo un mesmo provedor todos os servizos que un
mesmo proxecto require.