Aviso Legal e Política de privacidade

Información xeral

En cumprimento do disposto na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI-CE), infórmase de que o presente sitio web é titularidade de:

CONFORMA FORESTAL, S.L.
CIF: B70333695
Domicilio social: Rúa República Checa nº 40, CP 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), España.
Correo electrónico: [info@conformaforestal.com](mailto:info@conformaforestal.com)
Sitio web: https://www.conformaforestal.com

Inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, Tomo 160, Folio inscrición 210, Folla SC46137.

 

Condicións de uso

O acceso e uso deste sitio web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas das presentes condicións legais.

A persoa usuaria comprométese a utilizar o sitio web, os seus contidos e servizos conforme á lexislación vixente, á boa fe, á orde pública e ás presentes condicións.

Queda prohibido o uso do sitio web con fins ilícitos ou lesivos que poidan causar prexuízo á entidade titular ou a terceiros.

 

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos do sitio web, incluíndo textos, imaxes, fotografías, deseños, logotipos, arquivos, software, estrutura, combinación de cores e códigos fonte, son titularidade de CONFORMA FORESTAL, S.L. ou dispón dos dereitos necesarios para a súa utilización, e están protexidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibida a reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outro uso non autorizado dos contidos sen o consentimento previo e por escrito da entidade titular.

 

Responsabilidade

CONFORMA FORESTAL, S.L. non se responsabiliza dos danos ou prexuízos derivados do uso da información contida neste sitio web nin da actuación de terceiros mediante ligazóns externas.

A existencia de ligazóns a sitios web de terceiros ten unha finalidade meramente informativa e non implica relación, recomendación nin aprobación dos seus contidos ou servizos.

A entidade titular resérvase o dereito a modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos do sitio web e as presentes condicións legais.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Responsable do tratamento

CONFORMA FORESTAL, S.L.
CIF: B70333695
Enderezo: Vivero de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago, Polígono de Costa Vella, Rúa República Checa nº 40, CP 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), España.
Correo electrónico: [info@conformaforestal.com](mailto:info@conformaforestal.com)

 

 

Finalidade do tratamento dos datos

Os datos persoais facilitados a través deste sitio web serán tratados coas seguintes finalidades:

  • Atender consultas ou solicitudes realizadas pola persoa usuaria.
  • Xestionar as comunicacións comerciais relacionadas cos servizos ofrecidos, sempre que exista consentimento previo.
  • Xestionar a relación profesional ou contractual con clientes e provedores.
  • Garantir o correcto funcionamento e seguridade do sitio web. 

 

Base xurídica do tratamento

A base legal para o tratamento dos seus datos será:

  • O consentimento da persoa usuaria.
  • A execución dunha relación contractual ou precontractual.
  • O cumprimento de obrigas legais.
  • O interese lexítimo da entidade responsable cando corresponda.

 

Conservación dos datos

Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos e para atender posibles responsabilidades legais.

Destinatarios dos datos

Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal ou cando sexa necesario para a prestación de servizos vinculados á actividade da empresa.

Dereitos das persoas usuarias

A persoa usuaria pode exercer os seguintes dereitos:

  • Acceso
  • Rectificación
  • Supresión
  • Oposición
  • Limitación do tratamento
  • Portabilidade dos datos

Para exercer estes dereitos pode enviar unha solicitude xunto cunha copia dun documento identificativo a:

[info@conformaforestal.com](mailto:info@conformaforestal.com)

Así mesmo, a persoa usuaria ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: https://www.aepd.es

 

Seguridade dos datos

CONFORMA FORESTAL, S.L. adopta as medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir a seguridade e confidencialidade dos datos persoais tratados.

 

Menores de idade

Este sitio web non está dirixido a menores de 14 anos. Se unha persoa menor proporciona datos persoais, será necesaria a autorización previa dos seus pais, nais ou titores legais.

 

Lexislación aplicable

As presentes condicións rexeranse e interpretaranse conforme á lexislación española. Para a resolución de calquera conflito que puidese derivarse do acceso ou uso do sitio web, as partes someteranse aos xulgados e tribunais que correspondan conforme á normativa aplicable.